viernes, 22 de octubre de 2010

realidade ou ficción?

Cando o amigo Miguel puxo nas miñas mans “animais artificiais”, que eu descoñecía, xa ao pouco tempo me decatei que tiña perante miña algo moi diferente, algo excepcional, algo que se achaba máis alá do teatro cotián. Cando vexo a presentación de Ana, amosando a clásica turbación persoal baseada na contradición de termos e dicíndonos que soamente hai “mensaxe”, moitas mensaxes... mensaxes á morte, aos imbéciles... daquela lembrei a un gran escritor francés, descoñecido abondo, chamado Boris Vian e en especial a súa obra “A Espuma dos días”. Daquela lembraremos que entre a realidade e a ficción hai un gran traxecto, e todo vai depender da amplitude do foco de visión das persoas, do seu grande angular ou mínimo... en resume, todo vai depender de que sexamos aqueles simples “ananos” de Celso Emilio Ferreiro ou persoas de amplas miras para captarmos aquelas esperpénticas mensaxes que por moi esperpénticas que sexan (os esperpentos de Valle Inclán vistos con ampla mirada non deixan de ser claras e duras realidades) non van deixar de ser puras realidades.
Adiante e moitos ánimos actrices e actores que vos ides mergullar nun mundo fantástico a través dunha obra excepcional e ás ordes dun director que pon as súas “amplas miradas” ao servizo da arte, das mensaxes enmascaradas, da interpretación metafórica (como se nos di na introdución á obra).
Ánimo, ánimo... ánimos, que o esforzo facendo cousas interesantes ten sempre compensacións!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario