viernes, 29 de octubre de 2010

Movemento de cámara 3D

Estou a probar un efecto, que nos permite facer movementos de cámara a partires dunha imaxe fixa.
É parecido ao que se fixo en dairas, pero neste, conseguimos o efecto 3D (lonxe e cerca).
Unha vez rematado, doume conta de que non debo de facer movementos circulares (co eixo de pivote nas montañas), senón que debería mover a cámara virtual de forma rectilínea.

Situación ficticia 3D

Atopei este vídeo que nos amosa un titorial dun programa que podemos utilizar.
Trátase de colocar obxectos na postprodución que non fosen gravados na produción. Hai que xerar un plano tridimensional paralelo ó chan, no cal nos permite a colocación dos obxectos bidimensionais ou tridimensionais.
Aquí o temos VÍDEO alta calidade.

De Pitágoras (modos gregos) a Kenny Dorham


Isto funciona. Estamos a traballar a improvisación. En dúas semanas os avances son moi alentadores. Os/as alumnos/as da banda sonora están a comprender os principios destas artes.
Traballamos sobre todo a improvisación modal... o guerreiro modo " DÓRICO ".
A verdade é que se nota unha importante melloría... xa son capaces de improvisar por frases enteiras e iso é fascinante... ánimo artistas que isto pinta moi ben, e seguir con este ambiente tan fermoso

jueves, 28 de octubre de 2010

Ánxela

Este é o nome que tanto me custou atopar para a miña personaxe, un pouco peculiar, pero moi interesante. É difícil lograr interpretar este papel con naturalidade porque hai que estar moi atenta a todos eses detalles que parecen insignificantes, pero que poden botar a perder a credibilidade. Memorizar o papel é sinxelo: unhas poucas frases, mais o traballo de interpretanción é moito máis ca iso. Por agora estamos empezando, pero teño a impresión de que disto sairá un traballo moi bo.

martes, 26 de octubre de 2010

Primeiros pasos do equipo técnico

O equipo técnico está en fase de constitución para dar os primeiros pasos. De momento dividimos o equipo en diferentes grupos:

No grupo de story-board están traballando os alumnos de 1º de bacharelato Rosa Neira e Andrés Troitiño.

No grupo de maquillaxe temos investigando a María Valdés de 1º de bacharelato e Rebeca Castro de 2º de bacharelato.

No grupo de filmación do Making off os alumnos de 4º de ESO Marta Balo, Marcos Barreiro e Carlos José Rodríguez van facer prácticas de vídeo para máis tarde poder gravar as imaxes dos ensaios. Dentro deste grupo Marta Quinteiro, de 1º de bacharelato, encargarase da reportaxe fotográfica.

Estes grupos non son pechados. Até ao de agora só estamos comezando a andar polo que aínda se poden incorporar alumnos/as aos diferentes grupos.
No futuro teremos de formar un grupo de son e outro de iluminación.

viernes, 22 de octubre de 2010

realidade ou ficción?

Cando o amigo Miguel puxo nas miñas mans “animais artificiais”, que eu descoñecía, xa ao pouco tempo me decatei que tiña perante miña algo moi diferente, algo excepcional, algo que se achaba máis alá do teatro cotián. Cando vexo a presentación de Ana, amosando a clásica turbación persoal baseada na contradición de termos e dicíndonos que soamente hai “mensaxe”, moitas mensaxes... mensaxes á morte, aos imbéciles... daquela lembrei a un gran escritor francés, descoñecido abondo, chamado Boris Vian e en especial a súa obra “A Espuma dos días”. Daquela lembraremos que entre a realidade e a ficción hai un gran traxecto, e todo vai depender da amplitude do foco de visión das persoas, do seu grande angular ou mínimo... en resume, todo vai depender de que sexamos aqueles simples “ananos” de Celso Emilio Ferreiro ou persoas de amplas miras para captarmos aquelas esperpénticas mensaxes que por moi esperpénticas que sexan (os esperpentos de Valle Inclán vistos con ampla mirada non deixan de ser claras e duras realidades) non van deixar de ser puras realidades.
Adiante e moitos ánimos actrices e actores que vos ides mergullar nun mundo fantástico a través dunha obra excepcional e ás ordes dun director que pon as súas “amplas miradas” ao servizo da arte, das mensaxes enmascaradas, da interpretación metafórica (como se nos di na introdución á obra).
Ánimo, ánimo... ánimos, que o esforzo facendo cousas interesantes ten sempre compensacións!!!

jueves, 21 de octubre de 2010

O meu personaxe

Pois o meu personaxe chámase Érika. O que máis me custa é interpretalo e dicir o texto con naturalidade para que non soe sobreactuado, aínda que me equivoco nalgunhas frases e me poño nerviosa creo que con esforzo chegarei a facer ben o meu papel.

miércoles, 20 de octubre de 2010

Escritores



Neste vídeo podemos ver ó escritor Alberto Laiseca.
Este enlace foi tomado do blog do clube de lectores do I.E.S. Gacía Barros

É unha estética excelente para o noso prersonaxe " O filósofo - Campa ". Nun principio este personaxe tiña dúas estéticas válidas (segundo o noso director) .
Un dentista ou unha personaxe moi similar á do vídeo...

lunes, 18 de octubre de 2010

Ensaios

Podemos apreciar xa as melloras no traballo. A interpretación diante dunha cámara é moi diferente a estar nun teatro... recursos diferentes. Nerea Cernadas e Sandra Álvarez ensaian os seus respectivos papeis aproveitando os recreos. É un privilexio poder contar con persoas tan válidas e comprometidas... seguide así. Este é un camiño longo... pero ten final feliz..


domingo, 17 de octubre de 2010

Escola de idiomas

Este traballo inclúe clases de diferentes linguas...
O texto orixinal está en castelán ( traducido e adaptado ó galego polo profesor Carlos Loureiro )
Varios personaxes utilizan outras linguas como o inglés ou alemán... que interesante...

Das zieht einem ja den Boden unter den Füßen weg, meine Damen und Herren. Das zieht einem ja den Boden unter den ßen weg. Dito alemán que vén a dicir: ”iso quítalle a un o chan de debaixo dos pés”.


Let´s start from the begining. The Universe. Somewhere in the universe… Planet Earth. Planet Earth; life. Life into… little bacteria. Little bacteria into bacteria groso. Bacteria groso into the water… little peixiño. Big fish eats little peixiño, big fish eats little peixiño, big fish eats little peixiño… big fish into the tree and monkey… monkey-man… man-gentleman....

sábado, 16 de octubre de 2010

Movemento dolly


Esta é unha vista do funcionamento da dolly. Foi deseñada e construída por Abel Carbajal, alumno de 3º de ESO.
Utilizáronse materiais de reciclaxe, incluídas as rodas, que nun principio pertencían a varios monopatíns..
Este mecanismo será utilizado na gravación dos trávelings.


Dolly

Isto está gravado coa dolly caseira... un traveling bastante logrado..




O meu papel

Estou na primeira semana de ensaio no meu papel de Michelle. Encántame, pero estame custando moito interpretar para cine, paréceme que non me sae todo o natural que debe de ser, ademais nas primeiras probas póñome moi nerviosa e teño lapsus nalgún momento. Polo demais creo que vai todo ben, aprendín facilmente o meu guión.

viernes, 15 de octubre de 2010

Probas actrices

Nerea Cernadas prepara o seu papel... as primeiras probas sempre son difíciles. Nerea fixo un gran traballo... agora estamos no camiño correcto.
Cando pasen os meses e, a base de moito traballo, teremos unha personaxe fantástica; moi natural e ilusionada...
Noraboa polo teu traballo

Mozart

Alumn@s de 4º de ESO fan probas de cara a cantar un fragmento do Requiem de Mozart... será un reto demasiado difícil...?
Este tema soará na escena do cemiterio.

Texto en Latín

" Confutatis maledictis
Flammis acribus addictis,
Voca me cum benedictus.
Oro supplex et acclinis,
Cor contritum quasi cinis,
Gere curam mei finis "

Rechazados ya los malditos,
y entregados a las crueles llamas,
llámame con los benditos.
Suplicante y humilde te ruego,
con el corazón casi hecho ceniza,
apiádate de mi última hora.

Primeiro ensaio

Esta é a primeira vez que tocan xuntos... temos que traballar moito para entrar nun estudo de gravación, pero xa sabemos que vai saír ben... cando pasen un par de meses, estarán ben axustados e serán capaces de improvisar sobre a harmonía do tema...
Esta banda será a encargada de poñer música a algunha das escenas... noraboa músicos pola vosa adicación e entusiasmo.




PINCHA VÍDEO JAZZ

Sons foley


Artículo extraido de : http://cine3.com/2008/12/10/%C2%BFque-es-un-foley/

" El nombre de foley viene de Jack Donovan Foley, quien creó los primeros trucos para imitar sonidos cuando apenas comenzaban a surgir las películas sonoras. A partir de su trabajo, se fueron añadiendo efectos y técnicas, pero muchas de las que se usan hasta ahora son creación de este hombre. El trabajo de un foley es mucho mayor de lo que muchos de nosotros imaginamos, pues dado que en la filmación se utilizan microfonos direccionales para evitar que exista ruido de fondo, gran parte de los sonidos incidentales no se registran, o lo hacen en un tono muy bajo. Por ello, detalles tan insignificantes como los pasos, el roce de la ropa, el poner una taza sobre la mesa o abrir una puerta, tienen que grabarse posteriormente "

Música créditos


Este é o guión para a música dos créditos...
Debe transmitir movemento cara adiante... continuidade... sensación positiva.... Conseguirémolo ?

jueves, 14 de octubre de 2010

Ana Vallés

Calquera traballo artístico precisa: formación, disciplina, adicación, amor, traballo... traballo... traballo...
Tódolos integrantes do equipo deben estar en igualdade de compromiso. O resultado será a suma de esforzos...
Ana Vallés é unha innegable fonte de inspiración e respeto...

Paula practica alemán

A vendedora da froitaría está máis interesada no sexo dos melóns que no negocio... asemade empéñase en falar alemán...
Esta personaxe é bastante complexa pero a Paula non a asusta... o seu traballo faise notar..

Primeiros ensaios

Esta é unha mostra dos primeiros ensaios. Cando pasen os meses poderemos comparar os traballos e avaliar os avances.
Neste traballo o máis importante é a expresión corporal... o texto será estudado noutro momento.
Paula e Estefanía representan ós nosos varrendeiros...

Escena dos varrendeiros

"Mauricio e Ricardo - Anano e xigante "
Estes dous personaxes serán interpretados por Paula Otero, 4º de ESO e Estefanía Puga 3ª de ESO.
Os nosos personaxes terán un nome diferente e deberán interpretar a dúas varrendeiras... mentres charlan sobre a arte...
Esta mañá realizaron a primeira proba e o resultado foi moi alentador... a verdade é que @s alumnos/-as están a traballar con moito interés e adicación. Isto esixe que nós teñamos que implicarnos aínda máis...
ánimo a tod@s!

martes, 12 de octubre de 2010

Escena final- Monte Cabalar


De momento, as cousas máis fermosas seguen sendo gratis...
Esta paisaxe é onde se recrea o final da curta. Falta moito para falar de final, pero é importante facerse unha imaxe global do traballo. Para esta escena, o equipo técnico terá que facer moitas tomas e xogar en contra do reloxo... a luz natural pódenos xogar unha mala pasada...
Debemos estar atentos ás prediccións meteorolóxicas, pois as condicións deben ser favorables.

Escena do cemiterio



"Nesta paisaxe nevada non hai ficción. Tampouco hai acción. Non hai trama. Dramas os xustos..."

Dende que os animais artificiais poboamos a terra, os rituais no pasamento, están presentes en tódalas culturas.

Sen dúbida será unha escena difícil, porque este é un lugar especial e aí debe desenvolverse...

Ninguén dixo que sería fácil...

lunes, 11 de octubre de 2010

Video danza

Aquí vemos un video da bailarina Maya Plisetskaya, para que Nerea poida inspirarse no seu papel.

Maya Plisetskaya

Esta peza debe soar no salón de baile...na escena da profesora de danza...

A música é do compositor Camille Saint-Saëns

Michelle - boceto de dirección


Isto é unha pequena guía para facilitarlle o traballo ao equipo técnico... aínda que en realidade non sei se será poñerllo máis difícil... xa veremos o resultado... é o que verdadeiramente importa...
Trátase da personaxe de Michelle (no texto de ana Vallés, aparece como " MAURICIO ")

Michelle



Michelle é unha profesora de baile que está namorada da bailarina profesional; Maya Plisetskaya (Maya Mijáilovna Plisétskaia (en ruso: Майя Михайловна Плисецкая) (Moscú, 20 de noviembre de 1925) é unha bailarina de ballet rusa, á que en 1993 se lle concedeu a cidadanía española.
Este papel será interpretado por Nerea Cernadas.
Esta mañá superou a proba; que consistía en demostrar que quere facelo, e para iso deberá esforzarse moito. sen dúbida que o vai conseguir... ánimo Nerea.
Esta escena está previsto que sexa gravada nunha academia de baile da Estrada. Asemade, nas imaxes deberán figurar un par de bailaríns...

domingo, 10 de octubre de 2010

Leimotiv


Este é o motivo condutor que servirá de nexo ás diferentes escenas... ó final deberá converterse nunha peza grandiosa... forte... potente... apoiando ó FIN

Actriz nos camerinos


Este é un manuscrito do borrador sobre a personaxe que representará África; alumna de 1º de bacharelato.
No guión orixinal, este personaxe é "O Inglés".
Na curtametraxe veremos a unha actriz ensaiando o seu guión (nos camerinos) que está a punto de interpretar... ou quizais é que xa está interpretando un papel... a súa vida pode ser unha simple interpretación... é posible que sexa un ANIMAL ARTIFICIAL...
Esta escena está prevista que sexa gravada no teatro principal da Estrada.

Escena no cemiterio


Sen dúbida, esta será unha das escenas máis delicadas á hora de gravar. Sandra, alumna de 1º de bacharelato, deberá traballar a fondo para darlle vida a unha personaxe... cando menos ben curiosa.
A filmación levarase a cabo no cemiterio de Ouzande e posiblemente nun solpor. É un reto, sen dúbida. Enfrontámonos á difícil tarefa de filmar con luz natural e sobre todo ás últimas horas do día... pero esta é a visión deste personaxe por parte do noso director, e así debe ser.....
Nos grandes retos están as grandes recompensas... ánimo a todo o equipo.... podemos..

Escena na froitaría

Aquí vemos un pequeno guión técnico. Trátase da escena na froitaría. Queda claro que o debuxo non é o forte do noso director....
Agora o equipo técnico terá que plasmar este boceto nun storyboard ben elaborado. Para iso contará coa axuda do profesor Xoán Xosé, quen guiará aos/ás alumn@s do equipo técnico.
Terán que traballar a perspectiva e ler ben o texto, para saber o que debe reflectirse en cada momento. O máis positivo de todo isto é que as ideas están cada vez máis claras, e todo o traballo que fagamos neste campo servirá para avanzar máis rápido e mellor unha vez que comecemos a rodaxe....

jueves, 7 de octubre de 2010

Música en directo

A banda sonora da curta estará dirixida, e composta en parte, polo profesor Miguel Carbajal.
Esta mañá dábanse instrucións aos/ás alumnos/as interesados/-as.
En primeiro lugar estamos a crear un grupo de jazz. Será o responsable de ambientar a escena do bar.
Tamén contaremos coa interpretación dun "músico callejero" para dar ambiente á froitaría.
Un leitmotiv será o fío condutor e nexo entre as diferentes escenas. A decisión de utilizar este recurso é importante, pois grazas a el poderemos relacionar mellor as vidas paralelas que representan as personaxes.

domingo, 3 de octubre de 2010

Animais Artificiais

Este é o novo traballo do Taller de Creación Artística do MGB. 2010/11
Trátase dunha curtametraxe, inspirada na obra teatral de Ana Vallés " Animales Artificiales "

Aimais Artificiais - teatro



Varios momentos da obra de teatro orixinal.

Ana Vallés en directo


Aquí podemos ver a Ana Vallés ( á esquerda )
Ana é a autora do texto de "Animales Artificiales". Esta obra de teatro é fascinante.
Agora enfrentámonos ó reto de crear uns personaxes para a pantalla, que sexan coherentes co texto.
Grazas Ana.

Dirección técnica: Xoán Xosé

Xoán Xosé Pérez, Xefe do departamento de plástica,
será o director do equipo técnico. No presente curso 2010/11. O I.E.S Manuel García Barros imparte o bacharelato de artes, nas dúas vías (artes plásticas e artes escénicas)
Debido a isto, Xoán traballará con alumnos de artes no segundo trimestre, na montaxe e edición de vídeo.
Neste traballo combinaremos os/as alumnos/as de artes, con outros voluntarios que desexan participar no proxecto.
Unha vez estudado o guión artístico e técnico, comezaremos co storyboard.

sábado, 2 de octubre de 2010

Director: Miguel Carbajal

Estamos a punto de comezar un novo proxecto.
Na primeira semana de outubro de 2010 comezamos a facer probas aos actores e actrices que imos precisar.
Trátase dunha selección en base ó traballo, non ás calidades artísticas.
O proxecto deste curso é facer unha curtametraxe, inspirada nun texto de Ana Vallés, que escribiu para teatro.
A nosa aposta será comprometida e complexa, coma sempre...
Despois da experiencia de DAIRAS, estamos con forzas para iniciar este traballo.
O título da peza é " ANIMAIS ARTIFICIAIS ".
A adaptación ó cine e dirección, correrán a cargo Miguel Carbajal. Director do taller de creación artística do MGB.
A tradución ó galego correu a cargo do profesor Carlos Loureiro.
Xoán Xosé Pérez será o director do equipo técnico.
Despois de elixir aos actores e actrices, comezaremos os ensaios.
O primeiro trimestre estará adicado a este fin.
A partires dese momento, poderán incorporarse ó traballo outros/-as compañeiros/-as para diferentes tarefas.