domingo, 28 de noviembre de 2010

Cuarto día de ensaio!

A mañá de onte foi máis dura que as anteriores xa que gravamos escena por escena. Nós estabamos acostumadas a facer o guión enteiro, por iso se nos fixo un pouco raro. Despois de gravar as nosas escenas fomos facer unhas entrevistas. A verdade é que me daba un pouco de vergoña porque non sabía que dicir e entrábame a risa. Ó final de todo vimos no ordenador as tomas que gravaron, fixámonos nalgúns detalles que podiamos mellorar, pero tamén vimos algunhas escenas con movemento que quedaron moi ben. En definitiva, o noso traballo está indo cada vez mellor.

sábado, 27 de noviembre de 2010

Tensión de entrevistas

Hoxe foi o cuarto sábado de traballo. Eu tiña que levar montados uns vídeos de fai dúas semanas, pero un erro do ordenador e a miña desorganización impedíromo. Falando deste día, os do Making Off dividímonos. Dous gravamos as probas de maquillaxe e outros dous fixeron entrevistas a todos os que colaboran nisto. Máis tarde, ó acabar isto, vimos as tomas de ensaio dos actores e das actrices. Polo visto o próximo fin de semana non imos, porque o collemos de descanso, pero para o seguinte comezaremos con outra cousa. Cada vez falta menos para saír fóra.

Cuarto sábado

Os avances non se fan esperar... cada día vemos melloras en tódolos/as participantes.
Por unha banda estivemos a traballar os guións e linguaxe corporal. Por outra parte, o equipo de filmación tamén fixo dúas escenas seguindo o boceto do storyboard.





María e Rebeca en maquillaxe, conseguiron un gran avance... o látex funciona.
Na próxima sesión terán que aplicar unha maquillaxe uniforme á cara por enriba do látex, para que non se noten diferenzas de cor.
Marta (na foto) prestouse para as probas

viernes, 26 de noviembre de 2010

A nai de tódalas nais

África segue a estar aí
É a fonte máis pura na cal podemos inspirarnos... a música está con nós, forma parte de nós
Que é ritmo?

Só facéndonos preguntas poderemos atopar respostas.

Imaxina

Este é un vídeo que nos achega Natalia Carbajal. Foi traballado nun máster de musicoterapia en Madrid.

Se podes soñar, pódelo facer

jueves, 25 de noviembre de 2010

Motivación

Tódalas persoas nacen cun xenio dentro... algunhas conseguen domalo...
O método de adestramento consiste en:
TRABALLO, CONSTANCIA E SUPERACIÓN

Xa coñecedes o método... de vós depende adestralo.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Sensibilidade

Non podemos negar a linguaxe coa linguaxe... non podemos demostrar o pensamento co pensamento...
Un non pode demostrar que existe, só pode crer que existe...

domingo, 21 de noviembre de 2010

Todo isto é xenial!

A dicir verdade, este traballo caeume nas mans cando menos o pensaba e cando máis o necesitaba. Fai anos facía teatro no colexio pero a chegada ó instituto empeoroume a facilidade de seguir adiante coa miña maior afección. Agora sei que con esta nova oportunidade vou gañar moitas cousas, e aínda que por agora aínda é cedo, a todo iesto véselle moi boa pinta. Todos os que participan neste proxecto son unhas grandísimas persoas, e sei que xunto con elas podo chegar moi lonxe. O máis importante desde o meu punto de vista é que estou facendo o que realmente quero, o feito de facer o que me gusta axúdame a desconectar de todo; cando me sinto mal por calquera cousa, ou cando teño ganas de rirme de min mesma, póñome diante do espello e póñome a falar soa, inconscientemente de todo o que está ao meu redor, eu xa non son eu, agora son unha froiteira, agora penso se en realidade saben igual os melóns macho que os melóns femia..

Un día tranquilo

Onte, a estas horas antonte, foi o terceiro sábado de traballo. Os do Making Off non tivemos moito que facer, pero os actores e as actrices recibiron a un home que vai interpretar un personaxe. Algúns do equipo técnico conseguimos facer de extras para unha escena. Non foi moito esforzo, pero resultou agradable probar algo novo. Aínda que falta por montar os vídeos da anterior semana, estamos avanzando moito e o director díxonos que dentro de pouco acabaremos os ensaios e pasaremos a gravar tomas. Espero que sexa pronto. Creo que a organización segue correcta e a diversión non falta.

Efectos divertidos

Os alumnos " xogan a facer cine "
Está claro que podemos divertirnos aprendendo...
Para mostra un botón... aquí vemos unha serie de efectos especiais moi divertidos, creados por un alumno do taller... Unha vez máis queda claro que a imaxinación é primeiro... logo virán os medios....
Seguir maquinando; en breve precisaremos do voso talento para que os nosos "Animais Artificiais" sexan naturais.

Terceiro sábado

Grazas, grazas e máis grazas...
Esta fin de semana contamos coa colaboración de Gonzalo Valcárcel. É un pracer poder traballar con persoas tan válidas e comprometidas.
Gonzalo será o mellor filósofo que podíamos atopar. Aquí vemos o primeiro ensaio e xa temos claro que será perfecto.
Por outra banda está Paula. Que dicir que non se vexa... O AVANCE É INMELLORABLE....
Adiante...

viernes, 19 de noviembre de 2010

storyboard

Rosa Neira estivo a traballar no storyboard, baseado no boceto orixinal. Vemos algunha toma da primeira escena... que gran traballo estades a facer... seguro que deste equipo sairán grandes artistas... seguide así que imos ben

jueves, 18 de noviembre de 2010

Atención músicos

Vemos ao maestro John scofield tocando un standard.
Fixádevos como frasea facendo pausas, para marcar ben as frases e darlle sentido ó discurso. Tamén é interesante fixarse no contrabaixo, como está a facer o walking bass ( baixo camiñante ) impulsando sempre a sensación rítmica.

domingo, 14 de noviembre de 2010

O segundo ensaio!

O segundo sábado foi mellor que o anterior xa que se ven os avances que estamos facendo, a cousa vai máis rápido do que eu pensaba. Ánxela e eu aínda temos que pulir un pouco máis o noso personaxe xa que é moi difícil poñer a entoacion que lle queres dar ao texto e tamén estar pensando como tes que facelo, pero sei que con esforzo o daremos conseguido. Somos un equipo xenial.

sábado, 13 de noviembre de 2010

Os primeiros días

Eu son un dos que colabora no Making Off. A verdade é que o primeiro día algúns non comezamos moi ben, xa que chegamos tarde e por pouco non quedamos fóra. Por outro lado, o resto foi agradable. O labor dos actores e das actrices pareceume abrumador. Ademais, na miña opinión, nada máis chegar, xa nos organizamos perfectamente. O traballo no que estou quedou moi completo nesa mañá. Dous días despois, o que dirixe o noso equipo de montaxe, reproduciu para nós o vídeo preparado. O director, tamén presente, díxonos que para a próxima vez ía darnos una sorpresa que consistía en levar un novo trípode para traballar. Por último, hoxe, mellor dito pola hora que é, onte, foi o segundo día. Uns do Making Off fomos cos de maquillaxe para grabar unha proba e outros quedáronse grabando os ensaios. Isto foi posible grazas a que se me ocorreu coller a miña cámara. Aínda que tiveron que deixar de utilizala, porque se me esqueceu cargar a batería e fun sen o cargador. Neste momento, o que está grabado, só queda montalo e ver o resultado. Por agora, paréceme que todo o proxecto vai ser un éxito polo esforzo que se está realizando. Espero que estea no certo.

Segundo sábado

O segundo sábado resultou moi gratificante.
Marcos tivo que facer de claqueta por un intre... e pasámolo moi ben con el...Á frica ensaia a súa actriz particular.
Foi unha xornada moi completa onde case todo o equipo artístico ensaiou o seu papel. Por outra banda, o equipo técnico tamén fixo das súas... que ben.
Na maquillaxe estiveron traballando a fondo... veremos noutra entrada o resultado... en breve, que agora toca descanso.
Parabéns a todos/as... sodes un gran equipo.

África chegou a Europa

Por primeira vez África púxose diante das cámaras para comezar a lidiar coa presión.

Non me canso de repetir que a experiencia está a resultar moi agradable...que ben traballan

viernes, 12 de noviembre de 2010

Maquillaxe con ritmo


Este vídeo sérvenos como referencia para dúas cousas diferentes. Por unha banda vemos unha caracterización, e por outra vemos un traballo de montaxe de vídeo. A min en particular paréceme moi interesante. Podemos apreciar unhas imaxes de calidade máis ben baixa pero con esta montaxe tan frenética, acompañadas do ritmo adecuado... o resultado é interesante.
É un recurso válido para o equipo de making off... sempre que sexa utilizado con mesura.

Guía para maquillaxe


Neste vídeo podemos ver unha técnica moi interesante para carecterizar a unha das personaxes da curta? ...

martes, 9 de noviembre de 2010

O making off do sábado

Hoxe, martes 9 de novembro, no 2º recreo, estivemos a ver, na aula de plástica, o making off , que xa acurtou Xoán na casa, e que quedou moi ben.
Tamén estivemos a falar de que poderiamos traer feito da casa o making off os alumnos encargados del, e como sería o resultado do making final, ademais Miguel díxonos que o próximo sábado tiña unha sorpresa preparada para todos.

sábado, 6 de noviembre de 2010

O primeiro día de ensaio

Hoxe por fin estivemos xuntos o equipo técnico e o artístico; a cousa pinta moi ben porque a xente toma en serio o seu traballo e sabe que isto non é unha broma, aínda que ás veces haxa momentos divertidos. A verdade é que estou moi contenta cos meus compañeiros e cos profesores, que son unhas persoas moi agradables. Hoxe Ánxela e eu tivemos o noso primeiro ensaio ''xeral'' e a verdade é que nos saíu bastante ben, aínda temos que mellorar máis, pero na miña opinion se seguimos con este interés chegaremos a facelo moi ben tanto nós coma os nosos compañeiros.

Primeira toma, primeiro sábado


Hoxe foi o primeiro ensaio dos sábados. A experiencia non pode ser máis positiva. Os/as alumnos/as foron puntuais e comprenderon ben o que significa este tipo de traballo. O grupo é moi compacto e respírase un ambiente moi agradable. É un privilexio para nós contar con esta enerxía tan positiva... pasámolo ben... rimos un pouco e aprendemos un pouco... pero sobre todo, traballamos a conciencia.
Por primeira vez tivemos xuntos aos dous equipos: artístico e técnico.
Varias cámaras filmando á vez, persoas presionando aos/ás actores/actrices.
A miña opinión persoal é que estamos perante un traballo fantástico. É moi cedo para sacar conclusións, pero é o mellor inicio co cal podemos contar.
O meu máis sincero agradecemento e admiración polo voso traballo... seguirde así. Será un pracer madrugar para atoparme de novo cada sábado con vós.