domingo, 29 de mayo de 2011

Making Off en proceso

Finalmente, comezou fai pouco tempo o período de montaxe e, mentres os retoques da película seguen o seu transcurso, os do Making Off estamos liándonos cos miles de arquivos seleccionados previamente. Debo dicirvos que absolutamente todos ides aparecer e ninguén se vai librar. En caso contrario, xa estou eu aí para ocuparme de engadir á xente que falta. Espero con moito gusto que máis dun se poña colorado na estrea ó verse facer tolerías. Desde logo, como non estivera onde estou a traballar nestes días, nunca puidera imaxinar que os participantes de Animais Artificiais fósemos tan animais e nada artificiais.

Blue Bossa

jueves, 26 de mayo de 2011

Video clip "Alone Together"

Un pequeno traballo do equipo de making off, que poderemos ver ó completo na estrea.
O equipo conta con máis de 1.500 vídeos. Este material vainos permitir facer unha edición especial no primeiro trimestre do curso que vén... pero diso non imos contar nada máis agora, porque será unha nova sorpresa!!

A calidade dalgúns vídeos do making non é moi boa, pero se temos en conta cos medios que foron tomadas as imaxes... a cousa cambia.
Moitos dos vídeos foron gravados polas cámaras domésticas dos propios alumnos/as.
O máis importante na aprendizaxe artística non é a calidade do material que utilizamos, o máis importante é a calidade humana... nese campo estamos moi ben servidos, e temos unha gran canteira.

miércoles, 25 de mayo de 2011

Coming Home Baby

Video clip de "Coming Home Baby"
Este tema é utilizado nos créditos da mediametraxe.
A gravación da música levouse a cabo nos estudos "Phonos" da Estrada. A gravación das imaxes, foron tomadas polos alumnos de Making Off. A montaxe do vídeo correu a cargo de Xoán Xosé ( director técnico )


Making off

Estamos a ver as primeiras montaxes que se fixeron de cara ao making off.
A verdade é que o equipo avanzou moito; dende as primeiras tomas ás últimas que veremos na estrea, a diferenza é notable.
Estamos impacientes por amosar o resultado final.

martes, 24 de mayo de 2011

Carteis finalistas

Estes son os carteis finalistas.
Sen dúbida a elección foi moi difícil, porque a calidade e claridade de ideas en canto ó guión, son perfectas.
Noraboa a todos/as.

Fátima Maquieira





Lorena Rozados




Marta Quinteiro

Aparición OVNI

"Onte atopabámonos tan tranquilos, cando, de repente, oímos un forte ruído. Cal foi a nosa sorpresa cando saímos e vemos semellante masa de ferro voando sobre as árbores de Ouzande. Corremos rapidamente pola cámara, e gravamos isto:"



Isto é o que vos contaría se non me coñecerades, pero, ao ver isto, un dáse conta do traballiño que hai detrás. Trátase dunha animacion 3D integrada sobre unha fotografía. Esta secuencia de imaxes móstranos os pasos que demos.

(Fai clic para ver a secuencia)

jueves, 19 de mayo de 2011

Máis música

Como se achega a estrea xa podemos ir abrindo boca... aquí tendes dous temas.

Coming Home Baby, interpretado polos alumnos/as de primeiro de bacharelato de artes escénicas e musicais, será utilizada nos créditos.

Frauta: Martín Mella

Clarinete: Sara Valcárcel

Percusión: María Valdés

Batería: Alex Ayude

Xilófono: Nerea Cernadas

Baixo eléctrico: Chuqui

Piano: Fátima Blanco

Guitarra: Fausto Tejo


Podedes escoitalo e descargalo.




Este outro tema é Alone Together. Interpretado por:
Arturo Vizcarra, voz
Valentín Torrado, baixo
Miguel Carbajal, guitarra
Fátima Blanco, piano
Álex Ayude, batería










lunes, 16 de mayo de 2011

Sala de máquinas

Aproveitamos a ponte das Letras Galegas para avanzar na montaxe.
Marta, Martín e Carlos están a traballar no making off e Abel na corrección de cor.
Xoán Xosé, director técnico, está pendente do traballo para guiar aos alumnos/as.
O filme está case rematado, pero falta bastante traballo de making off.
Temos que visionar máis de 1.500 vídeos ( banda sonora, maquillaxe, filmación, ensaios, iluminación, montaxe)
Todo está gravado.
Nun primeiro momento, presentaremos a película mais un making off. No primeiro trimestre do curso seguinte, faremos unha montaxe "especial" onde imos incluír:
Tomas falsas, entrevistas, o nunca visto... pero iso será outra historia.


Sala de máquinas
Quítalle amarelo!!

miércoles, 11 de mayo de 2011

Alumnos de M.G.B música

Estamos moi orgullosos do voso traballo... aquí poñemos unha pequena mostra dun tema "Alone Together" cantado polo profesor de filosofía Arturo Vizcarra e polos/as alumnos/as de música. Máis e mellor na estrea... xa falta pouco!!




Este tema foi gravado, igual que o resto da banda sonora do filme, no estudo de gravación Phonos da Estrada.
Participaron un total de trinta alumnos/as na banda sonora, baixo a dirección do profesor de música Miguel Carbajal.

lunes, 9 de mayo de 2011

Fascinante

Velaquí unha pequena animación dun compoñente do equipo técnico!!
Sen dúbida hai talento!!
Este traballo foi realizado por Martín Duro en tan só dous días. A técnica é moi complexa e o programa utilizado é o "toon boon"
A verdade é que pisades forte... moito ánimo a todos/as, seredes grandes artistas.

jueves, 5 de mayo de 2011

ESTREA !!

Noraboa!!
O vindeiro día dez de xuño do 2011 será unha data para non esquecer pronto. Ás 21:00 no Teatro Principal de A Estrada, estreamos o ultimo traballo do Taller de Creación Artística do MGB.
Estamos aínda montando as últimas escenas e retocando algúns detalles. Ten boa calidade de imaxe e unha gran interpretación dos/as artistas. A banda sonora soa moi ben... agora falta o veredicto do público asistente.
Moita adicación ó longo do curso 2010/11 por parte do equipo de alumnos/as e profesores. Agora chegará o momento de valorar o resultado.
Disfrutade do momento.
Apertas mil !!

Xa falta pouco!!

Despois dalgunhas semanas "enclaustrados" xa estamos chegando ó final tan desexado.
A peli está a tomar un matiz moi interesante. Na montaxe comprobamos que o que ben empeza...
Se todo segue así, veremos pronto "Animais" na gran pantalla.
Ánimo a todos/as para rematar este traballo tan fermoso, só falta un último alento.