miércoles, 10 de agosto de 2011

Un discurso que sempre recordarei

' 'Ola. Benvidos á estrea de Animais Artificiais. A partir da obra teatral "Animales Artificiales" de Ana Vallés, creouse un guión, traducido do castelán ó galego por Carlos Loureiro, que utilizou Miguel Carbajal, director do proxecto, xunto con Xoán Xosé Pérez, director técnico, para dar vida a esta mediametraxe. Antes de nada, debo decirvos que, despois da película, vai ser o Making Off, que é o "Como se fixo". Así que, non vos marchedes, por favor. A película dura sobre corenta minutos e o Making Off, media hora. Para non alargarme moito, farei un breve resumo do que significou e significará sempre para min esta singular mediametraxe. Todo comezou un día no que unhas persoas comentaron algo no autobús. A noticia extendíase sixilosamente: outro proxecto máis de Carbajal. Pouco despois, fun falar con este profesor e mandoume ir consultarlle a Xoán Xosé Pérez, co que quedei para encargarme do Making Off. Moita xente desexaría poder colaborar nesta obra, polo que, dalgún modo, síntome privilexiado de estar neste grupo. No meu caso, xa tiña experiencia de "Dairas", que é o anterior traballo que organizou Miguel xunto coa axuda doutros profesores, entre os que tamén estivo Xoán Xosé, pero, segundo a experiencia dos demais, neste tempo puiden comprobar como ía cambiando o ánimo, o pensamento, as ganas... En resumo, a vida de todos os que colaboraron. Facíame feliz poder aprender cousas novas xunto con outras persoas e relacionarme con aqueles cos que probablemente nunca se me tería pasado pola cabeza dirixirlles a palabra. Que dicir de Animais Artificiais? Que seguramente me cambiou por completo. A min e a moitos máis. E esta noite, despois de pasar a etapa de nervios, espero de todo corazón que esta película que van ver proxectada aquí, nesta mesma pantalla, lles guste e lles chegue á alma como nos chegou a nós, que, aínda que ó final non pase, seguiranos parecendo que o esforzo valeu a pena, porque, en definitiva, hai poucas cousas capaces de unir a un grupo de xente e creo, mellor dito, aseguro que Animais Artificiais é unha delas. Moitas grazas.' '