Mostrando entradas con la etiqueta Equipo técnico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Equipo técnico. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de junio de 2012

Hit the road

Unha versión do lexendario Hit the road, interpretado polos alumnos/as do Taller, cantado e tocado ó piano pola inigualable Paty!!!
Este é outro dos temas utilizados na mediometraxe.

viernes, 10 de junio de 2011

Estrea!!!

“Hai xente que ten a capacidade de imaxinarse coma outra persoa e hai xente que non a ten (cando esa carencia é extrema, chamámoslles psicópatas). E hai xente que ten esa capacidade pero decide non poñela en práctica.”
Coetzee: “Elizabeth Costello”
Nota: web de Matarile Teatro.





Cartel deseñado polo alumno Iago Fernández, de 1º bacharelato de artes plásticas. Baixo a dirección do profesor Xoán Xosé Pérez.
A verdade é que non foi doado seleccionar o cartel entre outras propostas presentadas por varios alumnos/as.
Noraboa a todos/as

jueves, 26 de mayo de 2011

Video clip "Alone Together"

Un pequeno traballo do equipo de making off, que poderemos ver ó completo na estrea.
O equipo conta con máis de 1.500 vídeos. Este material vainos permitir facer unha edición especial no primeiro trimestre do curso que vén... pero diso non imos contar nada máis agora, porque será unha nova sorpresa!!

A calidade dalgúns vídeos do making non é moi boa, pero se temos en conta cos medios que foron tomadas as imaxes... a cousa cambia.
Moitos dos vídeos foron gravados polas cámaras domésticas dos propios alumnos/as.
O máis importante na aprendizaxe artística non é a calidade do material que utilizamos, o máis importante é a calidade humana... nese campo estamos moi ben servidos, e temos unha gran canteira.

miércoles, 25 de mayo de 2011

Coming Home Baby

Video clip de "Coming Home Baby"
Este tema é utilizado nos créditos da mediametraxe.
A gravación da música levouse a cabo nos estudos "Phonos" da Estrada. A gravación das imaxes, foron tomadas polos alumnos de Making Off. A montaxe do vídeo correu a cargo de Xoán Xosé ( director técnico )


Making off

Estamos a ver as primeiras montaxes que se fixeron de cara ao making off.
A verdade é que o equipo avanzou moito; dende as primeiras tomas ás últimas que veremos na estrea, a diferenza é notable.
Estamos impacientes por amosar o resultado final.

martes, 24 de mayo de 2011

Carteis finalistas

Estes son os carteis finalistas.
Sen dúbida a elección foi moi difícil, porque a calidade e claridade de ideas en canto ó guión, son perfectas.
Noraboa a todos/as.

Fátima Maquieira





Lorena Rozados




Marta Quinteiro

Aparición OVNI

"Onte atopabámonos tan tranquilos, cando, de repente, oímos un forte ruído. Cal foi a nosa sorpresa cando saímos e vemos semellante masa de ferro voando sobre as árbores de Ouzande. Corremos rapidamente pola cámara, e gravamos isto:"



Isto é o que vos contaría se non me coñecerades, pero, ao ver isto, un dáse conta do traballiño que hai detrás. Trátase dunha animacion 3D integrada sobre unha fotografía. Esta secuencia de imaxes móstranos os pasos que demos.

(Fai clic para ver a secuencia)

lunes, 16 de mayo de 2011

Sala de máquinas

Aproveitamos a ponte das Letras Galegas para avanzar na montaxe.
Marta, Martín e Carlos están a traballar no making off e Abel na corrección de cor.
Xoán Xosé, director técnico, está pendente do traballo para guiar aos alumnos/as.
O filme está case rematado, pero falta bastante traballo de making off.
Temos que visionar máis de 1.500 vídeos ( banda sonora, maquillaxe, filmación, ensaios, iluminación, montaxe)
Todo está gravado.
Nun primeiro momento, presentaremos a película mais un making off. No primeiro trimestre do curso seguinte, faremos unha montaxe "especial" onde imos incluír:
Tomas falsas, entrevistas, o nunca visto... pero iso será outra historia.


Sala de máquinas
Quítalle amarelo!!

miércoles, 13 de abril de 2011

Montaxe

Ola a todas as actrices. Quérovos comentar, que estes días estou pasando moitas horas con vós. Non o credes? Pódovolo demostrar. Estou montando as primeiras escenas, e, menos mal que a miña cadeira ten respaldo, porque senón, caía ao chan de abraio. Estou escudriñando segundo a segundo as vosas interpretacións nun pantallón de vinte e non sei cantas polgadas. Tedes madeira de actrices, e iso nótase cando se ve na gran pantalla. Iso si, a que queira continuar actuando en cine, que teña coidado co raccord, o seu peor inimigo... ánimo, que isto vai moi ben!!!

miércoles, 2 de febrero de 2011

Divertido

Aquí podemos ver unha animación moi divertida... está realizada por un compoñente do Taller de Creación Artística.
É importante que sigades a facer estas cousas, porque é unha gran aprendizaxe... moito traballo para un minuto de resultado, pero a verdade é que está moi ben.

jueves, 9 de diciembre de 2010

Traballo en 3D

Estou comezando a familiarizarme co programa de 3D. Seguindo os titoriais apréndese moito. Nesta imaxe vemos como a partires de figuras simples como poden ser unha esfera ou un simple cilindro, podemos construír un patrón inicial, e logo, aplicando modificadores de dobrar, e modificadores de simetría constrúense figuras maiores. Esta é a figura que fixen;
E aquí vemos a interface do programa, no cal, abaixo á dereita, podemos apreciar un dos pasos do proceso:









Hoxe en día, todas as películas que vemos no cine, teñen unha parte de integración 3D. Que é a integración 3D? Pois é "inserir" modelos tridimensionais nun vídeo de acción real (con actores de carne e óso). O problema é que o vídeo, ao metelo no programa de composición, encóntrase en formato bidimensional. Se a cámara está en movemento, temos que pasar o vídeo por un programa que "rastree" o vídeo, e sexa capaz de facer unha especie de mapa 3D segundo o cambio da perspectiva. Os datos de dito mapa son exportados e introducidos no programa de modelaxe 3D, e automaticamente, todo o que teñamos modelado no proxecto, moverase co vídeo de acción real. Agora o único que temos que facer é compoñelo no programa de composición e xa está. Se o vídeo é estático, é mais sinxelo; simplemente temos que axustar a perspectiva do modelo 3D, para que estea perpendicular ao chan. Logo componse no programa de composición.
É un proceso laborioso, pero polo que toda película de hoxe en día está case obrigada a pasar.
Seguirei facendo probas.

viernes, 3 de diciembre de 2010

Cambios de plano

Esta é unha proba de cambios de plano. É un aspecto crucial na realización cinematográfica. Faise gravando o víideo por cachos. Aquí está:



Máis en: hidraprod.blogspot.com





.

domingo, 21 de noviembre de 2010

Efectos divertidos

Os alumnos " xogan a facer cine "
Está claro que podemos divertirnos aprendendo...
Para mostra un botón... aquí vemos unha serie de efectos especiais moi divertidos, creados por un alumno do taller... Unha vez máis queda claro que a imaxinación é primeiro... logo virán os medios....
Seguir maquinando; en breve precisaremos do voso talento para que os nosos "Animais Artificiais" sexan naturais.

viernes, 19 de noviembre de 2010

storyboard

Rosa Neira estivo a traballar no storyboard, baseado no boceto orixinal. Vemos algunha toma da primeira escena... que gran traballo estades a facer... seguro que deste equipo sairán grandes artistas... seguide así que imos ben

martes, 26 de octubre de 2010

Primeiros pasos do equipo técnico

O equipo técnico está en fase de constitución para dar os primeiros pasos. De momento dividimos o equipo en diferentes grupos:

No grupo de story-board están traballando os alumnos de 1º de bacharelato Rosa Neira e Andrés Troitiño.

No grupo de maquillaxe temos investigando a María Valdés de 1º de bacharelato e Rebeca Castro de 2º de bacharelato.

No grupo de filmación do Making off os alumnos de 4º de ESO Marta Balo, Marcos Barreiro e Carlos José Rodríguez van facer prácticas de vídeo para máis tarde poder gravar as imaxes dos ensaios. Dentro deste grupo Marta Quinteiro, de 1º de bacharelato, encargarase da reportaxe fotográfica.

Estes grupos non son pechados. Até ao de agora só estamos comezando a andar polo que aínda se poden incorporar alumnos/as aos diferentes grupos.
No futuro teremos de formar un grupo de son e outro de iluminación.

sábado, 16 de octubre de 2010

Movemento dolly


Esta é unha vista do funcionamento da dolly. Foi deseñada e construída por Abel Carbajal, alumno de 3º de ESO.
Utilizáronse materiais de reciclaxe, incluídas as rodas, que nun principio pertencían a varios monopatíns..
Este mecanismo será utilizado na gravación dos trávelings.


Dolly

Isto está gravado coa dolly caseira... un traveling bastante logrado..