viernes, 29 de octubre de 2010

Movemento de cámara 3D

Estou a probar un efecto, que nos permite facer movementos de cámara a partires dunha imaxe fixa.
É parecido ao que se fixo en dairas, pero neste, conseguimos o efecto 3D (lonxe e cerca).
Unha vez rematado, doume conta de que non debo de facer movementos circulares (co eixo de pivote nas montañas), senón que debería mover a cámara virtual de forma rectilínea.

Situación ficticia 3D

Atopei este vídeo que nos amosa un titorial dun programa que podemos utilizar.
Trátase de colocar obxectos na postprodución que non fosen gravados na produción. Hai que xerar un plano tridimensional paralelo ó chan, no cal nos permite a colocación dos obxectos bidimensionais ou tridimensionais.
Aquí o temos VÍDEO alta calidade.

De Pitágoras (modos gregos) a Kenny Dorham


Isto funciona. Estamos a traballar a improvisación. En dúas semanas os avances son moi alentadores. Os/as alumnos/as da banda sonora están a comprender os principios destas artes.
Traballamos sobre todo a improvisación modal... o guerreiro modo " DÓRICO ".
A verdade é que se nota unha importante melloría... xa son capaces de improvisar por frases enteiras e iso é fascinante... ánimo artistas que isto pinta moi ben, e seguir con este ambiente tan fermoso

jueves, 28 de octubre de 2010

Ánxela

Este é o nome que tanto me custou atopar para a miña personaxe, un pouco peculiar, pero moi interesante. É difícil lograr interpretar este papel con naturalidade porque hai que estar moi atenta a todos eses detalles que parecen insignificantes, pero que poden botar a perder a credibilidade. Memorizar o papel é sinxelo: unhas poucas frases, mais o traballo de interpretanción é moito máis ca iso. Por agora estamos empezando, pero teño a impresión de que disto sairá un traballo moi bo.

martes, 26 de octubre de 2010

Primeiros pasos do equipo técnico

O equipo técnico está en fase de constitución para dar os primeiros pasos. De momento dividimos o equipo en diferentes grupos:

No grupo de story-board están traballando os alumnos de 1º de bacharelato Rosa Neira e Andrés Troitiño.

No grupo de maquillaxe temos investigando a María Valdés de 1º de bacharelato e Rebeca Castro de 2º de bacharelato.

No grupo de filmación do Making off os alumnos de 4º de ESO Marta Balo, Marcos Barreiro e Carlos José Rodríguez van facer prácticas de vídeo para máis tarde poder gravar as imaxes dos ensaios. Dentro deste grupo Marta Quinteiro, de 1º de bacharelato, encargarase da reportaxe fotográfica.

Estes grupos non son pechados. Até ao de agora só estamos comezando a andar polo que aínda se poden incorporar alumnos/as aos diferentes grupos.
No futuro teremos de formar un grupo de son e outro de iluminación.

viernes, 22 de octubre de 2010

realidade ou ficción?

Cando o amigo Miguel puxo nas miñas mans “animais artificiais”, que eu descoñecía, xa ao pouco tempo me decatei que tiña perante miña algo moi diferente, algo excepcional, algo que se achaba máis alá do teatro cotián. Cando vexo a presentación de Ana, amosando a clásica turbación persoal baseada na contradición de termos e dicíndonos que soamente hai “mensaxe”, moitas mensaxes... mensaxes á morte, aos imbéciles... daquela lembrei a un gran escritor francés, descoñecido abondo, chamado Boris Vian e en especial a súa obra “A Espuma dos días”. Daquela lembraremos que entre a realidade e a ficción hai un gran traxecto, e todo vai depender da amplitude do foco de visión das persoas, do seu grande angular ou mínimo... en resume, todo vai depender de que sexamos aqueles simples “ananos” de Celso Emilio Ferreiro ou persoas de amplas miras para captarmos aquelas esperpénticas mensaxes que por moi esperpénticas que sexan (os esperpentos de Valle Inclán vistos con ampla mirada non deixan de ser claras e duras realidades) non van deixar de ser puras realidades.
Adiante e moitos ánimos actrices e actores que vos ides mergullar nun mundo fantástico a través dunha obra excepcional e ás ordes dun director que pon as súas “amplas miradas” ao servizo da arte, das mensaxes enmascaradas, da interpretación metafórica (como se nos di na introdución á obra).
Ánimo, ánimo... ánimos, que o esforzo facendo cousas interesantes ten sempre compensacións!!!

jueves, 21 de octubre de 2010

O meu personaxe

Pois o meu personaxe chámase Érika. O que máis me custa é interpretalo e dicir o texto con naturalidade para que non soe sobreactuado, aínda que me equivoco nalgunhas frases e me poño nerviosa creo que con esforzo chegarei a facer ben o meu papel.