domingo, 20 de febrero de 2011

Novo ano e novas experiencias

Este ano comezou ben para o proxecto. Nada máis volver das vacacións, xa fomos chamados os do Making Off para gravar ós da Banda Sonora. Tivemos que esforzarnos para facer un oco, pero por axudar, o que sexa. Agradoume coñecer a xente nova coa que nunca antes falei. Ademais, por se fose pouco, estreouse para o público a nosa pequena curtametraxe de tempo tan breve e cun humor que parece que gustou a moitas persoas, o que a nós nos sorprendeu bastante, xa que non esperabamos tanto éxito. Onte presentouse en Vedra e tamén resultou victoriosa. Con isto, quero engadir que é un honor para min poder colaborar neste traballo, co que, aínda que custe rematalo, levareime un recordo para o resto da miña vida. ¡Desexo un Feliz Ano Novo a esta obra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario