sábado, 18 de diciembre de 2010

Final do primeiro trimestre

Chegamos a un lugar sen retorno... só é posible fuxir cara adiante.
O primeiro trimestre amosa resultados moi alentedores... É un auténtico pracer traballar con vós... sodes un gran equipo humano e artístico, sensible e entregado...
Estamos a disfrutar do camiño e iso non hai premio que o pague...
O equipo técnico tivo hoxe gran protagonismo e compromiso... en breve veremos o resultado.
Dá gusto velos traballar... parecen profesionais
Por outra banda hoxe contamos con "unha estrela invitada, unha esgrevia figura da danza, retirada xa... " Alba Martínez, irmá da ben querida Leticia Martínez, que tivemos o pracer de contar con ela para a obra
DORMES?
Alba estivo fantástica a pesares de ser o seu primeiro ensaio. Que dicir que non se saiba dos demais artistas... pois que estades a superarvos cada día. É moi emocionante ver os avances.

1 comentario:

  1. É un logro fantástico o que podedes conseguir en tan pouco tempo; noraboa a todo o equipo. Un saúdo e un abrazo.

    ResponderEliminar