miércoles, 10 de agosto de 2011

Un discurso que sempre recordarei

' 'Ola. Benvidos á estrea de Animais Artificiais. A partir da obra teatral "Animales Artificiales" de Ana Vallés, creouse un guión, traducido do castelán ó galego por Carlos Loureiro, que utilizou Miguel Carbajal, director do proxecto, xunto con Xoán Xosé Pérez, director técnico, para dar vida a esta mediametraxe. Antes de nada, debo decirvos que, despois da película, vai ser o Making Off, que é o "Como se fixo". Así que, non vos marchedes, por favor. A película dura sobre corenta minutos e o Making Off, media hora. Para non alargarme moito, farei un breve resumo do que significou e significará sempre para min esta singular mediametraxe. Todo comezou un día no que unhas persoas comentaron algo no autobús. A noticia extendíase sixilosamente: outro proxecto máis de Carbajal. Pouco despois, fun falar con este profesor e mandoume ir consultarlle a Xoán Xosé Pérez, co que quedei para encargarme do Making Off. Moita xente desexaría poder colaborar nesta obra, polo que, dalgún modo, síntome privilexiado de estar neste grupo. No meu caso, xa tiña experiencia de "Dairas", que é o anterior traballo que organizou Miguel xunto coa axuda doutros profesores, entre os que tamén estivo Xoán Xosé, pero, segundo a experiencia dos demais, neste tempo puiden comprobar como ía cambiando o ánimo, o pensamento, as ganas... En resumo, a vida de todos os que colaboraron. Facíame feliz poder aprender cousas novas xunto con outras persoas e relacionarme con aqueles cos que probablemente nunca se me tería pasado pola cabeza dirixirlles a palabra. Que dicir de Animais Artificiais? Que seguramente me cambiou por completo. A min e a moitos máis. E esta noite, despois de pasar a etapa de nervios, espero de todo corazón que esta película que van ver proxectada aquí, nesta mesma pantalla, lles guste e lles chegue á alma como nos chegou a nós, que, aínda que ó final non pase, seguiranos parecendo que o esforzo valeu a pena, porque, en definitiva, hai poucas cousas capaces de unir a un grupo de xente e creo, mellor dito, aseguro que Animais Artificiais é unha delas. Moitas grazas.' '

sábado, 11 de junio de 2011

NORABOA!!!

A estrea foi un éxito... o público púxose en pé ó final da obra e mesmo parecía que non paraba de aplaudir, nun Teatro Principal ATEIGADO, con xente nos corredores.
Noraboa a tódolos participantes neste proxecto tan importante e laborioso. Ó final a recompensa supera ó esforzo.
Unha aperta inmensa a todos/as que empregastes o voso tempo, enerxía, traballo e ARTE neste traballo. Xa ninguén nos poderá arrebatar as sensacións vividas na estrea.



"Nesta paisaxe nevada non hai acción, tampouco hai ficción, non hai trama, dramas os xustos... o que si hai nesta ocasión é mensaxe, varias mensaxes..."

viernes, 10 de junio de 2011

Estrea!!!

“Hai xente que ten a capacidade de imaxinarse coma outra persoa e hai xente que non a ten (cando esa carencia é extrema, chamámoslles psicópatas). E hai xente que ten esa capacidade pero decide non poñela en práctica.”
Coetzee: “Elizabeth Costello”
Nota: web de Matarile Teatro.





Cartel deseñado polo alumno Iago Fernández, de 1º bacharelato de artes plásticas. Baixo a dirección do profesor Xoán Xosé Pérez.
A verdade é que non foi doado seleccionar o cartel entre outras propostas presentadas por varios alumnos/as.
Noraboa a todos/as

miércoles, 8 de junio de 2011

Making Off finalizado

Finalmente, hoxe, mellor dito, onte rematamos o Making Off. Agora só falta esperar ata a estrea para velo. Si tedes vergoña, non vos preocupedes, ídes a ter moita máis cando esteades vendo na pantalla grande as vosas animaladas. Con isto, tampouco é que pretenda poñer nervioso a ninguén, só que me fai moi feliz pensar que non quedou ningunha persoa liberada de aparecer nalgún vídeo dos montados. Aínda que o que máis me importa é que, despois de tres meses de ensaios, dous meses de rodaxe e outras semanas de montaxe, o traballo, por fin, quedou rematado e só falta cumprir o noso propósito, que é o éxito.

lunes, 6 de junio de 2011

Trailer

Trailer realizado por Abel de 3º de ESO



OLLO!!! ás 21:00, non 21:30

domingo, 29 de mayo de 2011

Making Off en proceso

Finalmente, comezou fai pouco tempo o período de montaxe e, mentres os retoques da película seguen o seu transcurso, os do Making Off estamos liándonos cos miles de arquivos seleccionados previamente. Debo dicirvos que absolutamente todos ides aparecer e ninguén se vai librar. En caso contrario, xa estou eu aí para ocuparme de engadir á xente que falta. Espero con moito gusto que máis dun se poña colorado na estrea ó verse facer tolerías. Desde logo, como non estivera onde estou a traballar nestes días, nunca puidera imaxinar que os participantes de Animais Artificiais fósemos tan animais e nada artificiais.