viernes, 22 de junio de 2012

Hit the road

Unha versión do lexendario Hit the road, interpretado polos alumnos/as do Taller, cantado e tocado ó piano pola inigualable Paty!!!
Este é outro dos temas utilizados na mediometraxe.

miércoles, 20 de junio de 2012

Claquetas con ritmo

Isto é unha pequena broma realizada por Abel, onde podemos apreciar que o ritmo está en todas partes!!

sábado, 9 de junio de 2012

Viaxe a Vigo

Este pasado venres 25 de Maio, a meirande parte do equipo de Animais Artificiais viaxamos a Vigo para asistir á Mostra de Cine Xuvenil 2012. A reacción resultante foi satisfactoria, sobretodo polos alagos que recibimos por parte dunha directora importante que presentou o acto. As demáis curtametraxes tamén foron agradables e incluso algunha deixou un bó sabor de boca.


viernes, 18 de mayo de 2012

Presentación do segundo pase

Tiña que chegar esta entrada. E como máis vale tarde que nunca, aquí deixo o vídeo da presentación do segundo pase de Animais Artificiais. Agora, ¡a esperar á mostra en Vigo!

jueves, 16 de febrero de 2012

Novo pase

O vindeiro venres 24 de febreiro , novo pase de " Animais Artificiais "
Lugar: Teatro Principal de A Estrada
Hora: 21:00
Entrada gratuita
Aproveitamos para presentar o DVD coa peícula e making off.
 O DVD sairá a venda polo prezo de 10 euros. Inclúe a posibilidade de subtítulos.
Vémonos no Principal.

miércoles, 10 de agosto de 2011

Un discurso que sempre recordarei

' 'Ola. Benvidos á estrea de Animais Artificiais. A partir da obra teatral "Animales Artificiales" de Ana Vallés, creouse un guión, traducido do castelán ó galego por Carlos Loureiro, que utilizou Miguel Carbajal, director do proxecto, xunto con Xoán Xosé Pérez, director técnico, para dar vida a esta mediametraxe. Antes de nada, debo decirvos que, despois da película, vai ser o Making Off, que é o "Como se fixo". Así que, non vos marchedes, por favor. A película dura sobre corenta minutos e o Making Off, media hora. Para non alargarme moito, farei un breve resumo do que significou e significará sempre para min esta singular mediametraxe. Todo comezou un día no que unhas persoas comentaron algo no autobús. A noticia extendíase sixilosamente: outro proxecto máis de Carbajal. Pouco despois, fun falar con este profesor e mandoume ir consultarlle a Xoán Xosé Pérez, co que quedei para encargarme do Making Off. Moita xente desexaría poder colaborar nesta obra, polo que, dalgún modo, síntome privilexiado de estar neste grupo. No meu caso, xa tiña experiencia de "Dairas", que é o anterior traballo que organizou Miguel xunto coa axuda doutros profesores, entre os que tamén estivo Xoán Xosé, pero, segundo a experiencia dos demais, neste tempo puiden comprobar como ía cambiando o ánimo, o pensamento, as ganas... En resumo, a vida de todos os que colaboraron. Facíame feliz poder aprender cousas novas xunto con outras persoas e relacionarme con aqueles cos que probablemente nunca se me tería pasado pola cabeza dirixirlles a palabra. Que dicir de Animais Artificiais? Que seguramente me cambiou por completo. A min e a moitos máis. E esta noite, despois de pasar a etapa de nervios, espero de todo corazón que esta película que van ver proxectada aquí, nesta mesma pantalla, lles guste e lles chegue á alma como nos chegou a nós, que, aínda que ó final non pase, seguiranos parecendo que o esforzo valeu a pena, porque, en definitiva, hai poucas cousas capaces de unir a un grupo de xente e creo, mellor dito, aseguro que Animais Artificiais é unha delas. Moitas grazas.' '