martes, 24 de mayo de 2011

Aparición OVNI

"Onte atopabámonos tan tranquilos, cando, de repente, oímos un forte ruído. Cal foi a nosa sorpresa cando saímos e vemos semellante masa de ferro voando sobre as árbores de Ouzande. Corremos rapidamente pola cámara, e gravamos isto:"



Isto é o que vos contaría se non me coñecerades, pero, ao ver isto, un dáse conta do traballiño que hai detrás. Trátase dunha animacion 3D integrada sobre unha fotografía. Esta secuencia de imaxes móstranos os pasos que demos.

(Fai clic para ver a secuencia)

jueves, 19 de mayo de 2011

Máis música

Como se achega a estrea xa podemos ir abrindo boca... aquí tendes dous temas.

Coming Home Baby, interpretado polos alumnos/as de primeiro de bacharelato de artes escénicas e musicais, será utilizada nos créditos.

Frauta: Martín Mella

Clarinete: Sara Valcárcel

Percusión: María Valdés

Batería: Alex Ayude

Xilófono: Nerea Cernadas

Baixo eléctrico: Chuqui

Piano: Fátima Blanco

Guitarra: Fausto Tejo


Podedes escoitalo e descargalo.




Este outro tema é Alone Together. Interpretado por:
Arturo Vizcarra, voz
Valentín Torrado, baixo
Miguel Carbajal, guitarra
Fátima Blanco, piano
Álex Ayude, batería










lunes, 16 de mayo de 2011

Sala de máquinas

Aproveitamos a ponte das Letras Galegas para avanzar na montaxe.
Marta, Martín e Carlos están a traballar no making off e Abel na corrección de cor.
Xoán Xosé, director técnico, está pendente do traballo para guiar aos alumnos/as.
O filme está case rematado, pero falta bastante traballo de making off.
Temos que visionar máis de 1.500 vídeos ( banda sonora, maquillaxe, filmación, ensaios, iluminación, montaxe)
Todo está gravado.
Nun primeiro momento, presentaremos a película mais un making off. No primeiro trimestre do curso seguinte, faremos unha montaxe "especial" onde imos incluír:
Tomas falsas, entrevistas, o nunca visto... pero iso será outra historia.


Sala de máquinas
Quítalle amarelo!!

miércoles, 11 de mayo de 2011

Alumnos de M.G.B música

Estamos moi orgullosos do voso traballo... aquí poñemos unha pequena mostra dun tema "Alone Together" cantado polo profesor de filosofía Arturo Vizcarra e polos/as alumnos/as de música. Máis e mellor na estrea... xa falta pouco!!




Este tema foi gravado, igual que o resto da banda sonora do filme, no estudo de gravación Phonos da Estrada.
Participaron un total de trinta alumnos/as na banda sonora, baixo a dirección do profesor de música Miguel Carbajal.

lunes, 9 de mayo de 2011

Fascinante

Velaquí unha pequena animación dun compoñente do equipo técnico!!
Sen dúbida hai talento!!
Este traballo foi realizado por Martín Duro en tan só dous días. A técnica é moi complexa e o programa utilizado é o "toon boon"
A verdade é que pisades forte... moito ánimo a todos/as, seredes grandes artistas.

jueves, 5 de mayo de 2011

ESTREA !!

Noraboa!!
O vindeiro día dez de xuño do 2011 será unha data para non esquecer pronto. Ás 21:00 no Teatro Principal de A Estrada, estreamos o ultimo traballo do Taller de Creación Artística do MGB.
Estamos aínda montando as últimas escenas e retocando algúns detalles. Ten boa calidade de imaxe e unha gran interpretación dos/as artistas. A banda sonora soa moi ben... agora falta o veredicto do público asistente.
Moita adicación ó longo do curso 2010/11 por parte do equipo de alumnos/as e profesores. Agora chegará o momento de valorar o resultado.
Disfrutade do momento.
Apertas mil !!

Xa falta pouco!!

Despois dalgunhas semanas "enclaustrados" xa estamos chegando ó final tan desexado.
A peli está a tomar un matiz moi interesante. Na montaxe comprobamos que o que ben empeza...
Se todo segue así, veremos pronto "Animais" na gran pantalla.
Ánimo a todos/as para rematar este traballo tan fermoso, só falta un último alento.