miércoles, 19 de enero de 2011

Tomas de son

Estes son os momentos nos cales as persoas nos convertemos en " Animais Naturais "


Os compoñentes do equipo técnico tamén tiveron traballo. Están a gravar o proceso para poder montar unha película de "como se fixo"
Tamén contamos coa colaboración de Paty. Que voz!! En breve teremos a gravación definitiva e logo disfrutaredes do seu talento xunto cos/coas alumnos/as do MGB.

Que bonito!!

Cada vez somos máis... e mellores, por certo.
Aquí vemos algunhas fotos de varios participantes na banda sonora. A experiencia está a resultar todo un éxito. Soa moi ben e ademais avanzamos moito. Gravamos hoxe catro temas. Para a sesión de mañá teremos que gravar outros catro.
Grazas ben queridos/-as alumnos/as polo voso traballo. Sodes a mellor fonte de enerxía... seguide así

martes, 18 de enero de 2011

Chegou a hora

Chegou a hora da verdade !!
Despois de tres meses de duro traballo ao fin chegou o momento tan ansiado.
Os músicos templan as cordas dos seus instrumentos e afinan as súas gorxas... todo está listo.
Mañá mércores entraremos no estudo de gravación " Phonos " para facer as tomas de son necesarias para a banda sonora da curtametraxe.
Isto supón un gran paso en firme... e por que non dicilo, con isto convenceremos a aqueles que no seu día deixaban caer iso de " é imposible "
É difícil, certo. Agora xa é posible.
Tres meses de traballo, duro si, pero ben fermoso tamén. Agora comezaremos a disfrutar da colleita.
Os temas soan moi ben nos ensaios, polo tanto soarán mellor aínda ó pasar polo estudo de gravación. A banda sonora da curtametraxe será gravada na súa totalidade... dise rápido, verdade?
Grazas de todo corazón a todos/as que fostes capaces de confiar nesta aposta tan arriscada. Con este traballo, a curta entrará noutra dimensión... a banda sonora sodes VÓS !!
Felicidades polo traballo e rigor; seguro que vai saír todo ben.

lunes, 17 de enero de 2011

Prensa

 Animais artificiais xa está na prensa...
Preme na foto para ler a noticia
O equipo que aparece na foto é o de Dairas, ainda que algúns seguen este ano no novo traballo. Esta é a foto que aparece na Voz de Galicia.

domingo, 16 de enero de 2011

Cartel promocional

Este é o cartel promocional que fixeron os/as alumnos/as do equipo técnico, e responsables da curtametraxe " A Señora da Limpeza ".
Esta curta será proxectada no festival de cine de Vedra.


Parabéns de novo

sábado, 15 de enero de 2011

Estudio de gravación PHONOS

Vemos na foto a Valentín Torrado, á esquerda, e Xoán Xosé Pérez.
Onte recibimos unha explicación para elixir un micrófono adecuado, de cara á filmación da curta.
Valentín " Curi " explicounos como sacarlle o mellor partido ao son. Tipo de micrófono, pértegas... tamén nos falou un pouco do rango de frecuencia á hora de programar a gravación do son... " filtro paso de baixos, zumbidos..."
Unha vez máis, Valentín Torrado e o "Estudio Fhonos", colabora con nós.
Grazas Curi pola túa axuda

miércoles, 5 de enero de 2011

Boas novas

A curta que fixestes como traballo de clase " A señora da lipeza " vai ser proxectada nun festival de curtametraxes... xa vos contarei máis polo miúdo.
Agora precisamos os seguintes datos:
Nome do director/a
Sinopse
Poñédevos a traballar; entre todos facedes unha pequena sinopse e se hai director ou directora poñede o nome.
Subide estes datos aquí, neste blog.
Parabéns a todos/as. Xa falta pouquiño para comezar a gran gravación... xa está todo perfilado e á verdade, a historia cada vez colle máis peso. Seguro que imos facer un gran traballo... teño moi boas sensacións.
Unha aperta

lunes, 3 de enero de 2011

Suspendida a sesión de gravación

Queda suspendida definitivamente a sesión de gravación prevista para vacacións.
Á volta ó traballo xa vos explicarei os motivos. Unha aperta e ata pronto.