Novo traballo do Taller de Creación Artística do M.G.B. curso 2010/11 Curtametraxe inspirada na obra teatral " Animales Artificiales " de Ana Vallés
lunes, 13 de diciembre de 2010
Probas de montaxe
Antonte foi o quinto sábado de traballo. Esta vez o director separounos e os de montaxe estivemos na aula de infórmatica. Uns montamos vídeos do Making Off e outros fixeron probas con eses vídeos para ver como quedaría doutra maneira. Por agora ímos montando as entrevistas pouco a pouco e van quedando aceptables. A ver que facemos o próximo día.
sábado, 11 de diciembre de 2010
Proposta de traballo
Propoño a tódolos alumnos do equipo técnico facer unha curta, dun minuto como máximo, para subila ó blog. Poderemos así avaliar os traballos de montaxe e edición de vídeo.
A temática será libre, pero debe contar coas seguintes características:
Tempo máximo permitido 60"
Calidade de enfoque.
Calidade nos movementos de cámara e cambios de plano.
O guión deberá estar claro... pódese presentar a historia sen máis pero debemos ter claro de que vai.
As transición serán sutís... sen efectos entre as mesmas (cortiniñas, etc.)
Podedes facelo individual ou en equipo.
Calquera cámara servirá pala facelo.
Pode ser un formato publicitario (inventar un produto e vendelo... por exemplo)
Non é obrigatorio contar con actores/actrices, persoas... hai máis posibilidades (utilizar a imaxinación)
Ten que estar rematado e presentado antes da volta de vacacións.
LEMBRADE- MÁXIMO UN MINUTO
A traballar duro que os artistas teñen poucas vacacións.

Quinto sábado
Estamos a piques de tomarnos un descanso. O sábado seguinte será o último ensaio do primeiro trimestre.
Hoxe comezamos pola proxección dun vídeo resumo dun ensaio, montado por Carlos, alumno do equipo técnico.
O traballo está moi ben, aínda que o director quixo elevar o listón e solicitarlle un traballo máis difícil aínda. O seguinte paso consiste en reducir máis o resultado final.
Sen dúbida, isto resulta moi dificil, posto que o material inicial é de máis dunha hora. De todo ese traballo queremos ver un minuto... empresa difícil pero non imposible.
Ánimo Carlos que estás a facer un bo traballo.
Unha vez rematada a proxección fixemos dous grupos. O equipo técnico foi con Xoán Xosé á sala de ordenadores, para poder facer prácticas de montaxe... por desgraza volvemos a sentir as doenzas do sistema informático... é absolutamente decepcionante contar cuns equipos informáticos tan defectuosos. De tódolos xeitos xa saímos victoriosos de batallas similares.
O equipo artístico estivo con Miguel Carbajal, e só podemos lembrar unha vez máis que o traballo dos artistas é fantástico.
Parabéns a todos/as

O vídeo esperado
Isto é un resumo dun día de ensaio. Por fin conseguino rematar. Espero que vos guste. Aquí está.
jueves, 9 de diciembre de 2010
Traballo en 3D
Estou comezando a familiarizarme co programa de 3D. Seguindo os titoriais apréndese moito. Nesta imaxe vemos como a partires de figuras simples como poden ser unha esfera ou un simple cilindro, podemos construír un patrón inicial, e logo, aplicando modificadores de dobrar, e modificadores de simetría constrúense figuras maiores. Esta é a figura que fixen;
E aquí vemos a interface do programa, no cal, abaixo á dereita, podemos apreciar un dos pasos do proceso:
Hoxe en día, todas as películas que vemos no cine, teñen unha parte de integración 3D. Que é a integración 3D? Pois é "inserir" modelos tridimensionais nun vídeo de acción real (con actores de carne e óso). O problema é que o vídeo, ao metelo no programa de composición, encóntrase en formato bidimensional. Se a cámara está en movemento, temos que pasar o vídeo por un programa que "rastree" o vídeo, e sexa capaz de facer unha especie de mapa 3D segundo o cambio da perspectiva. Os datos de dito mapa son exportados e introducidos no programa de modelaxe 3D, e automaticamente, todo o que teñamos modelado no proxecto, moverase co vídeo de acción real. Agora o único que temos que facer é compoñelo no programa de composición e xa está. Se o vídeo é estático, é mais sinxelo; simplemente temos que axustar a perspectiva do modelo 3D, para que estea perpendicular ao chan. Logo componse no programa de composición.
É un proceso laborioso, pero polo que toda película de hoxe en día está case obrigada a pasar.
Seguirei facendo probas.
E aquí vemos a interface do programa, no cal, abaixo á dereita, podemos apreciar un dos pasos do proceso:Hoxe en día, todas as películas que vemos no cine, teñen unha parte de integración 3D. Que é a integración 3D? Pois é "inserir" modelos tridimensionais nun vídeo de acción real (con actores de carne e óso). O problema é que o vídeo, ao metelo no programa de composición, encóntrase en formato bidimensional. Se a cámara está en movemento, temos que pasar o vídeo por un programa que "rastree" o vídeo, e sexa capaz de facer unha especie de mapa 3D segundo o cambio da perspectiva. Os datos de dito mapa son exportados e introducidos no programa de modelaxe 3D, e automaticamente, todo o que teñamos modelado no proxecto, moverase co vídeo de acción real. Agora o único que temos que facer é compoñelo no programa de composición e xa está. Se o vídeo é estático, é mais sinxelo; simplemente temos que axustar a perspectiva do modelo 3D, para que estea perpendicular ao chan. Logo componse no programa de composición.
É un proceso laborioso, pero polo que toda película de hoxe en día está case obrigada a pasar.
Seguirei facendo probas.
sábado, 4 de diciembre de 2010
Non podemos negar a linguaxe coa propia linguaxe...
Hai unha linguaxe que vai máis alá que a propia linguaxe... ese é lugar a onde debemos chegar
Ánimo á banda que está a soar moi ben...
Ánimo á banda que está a soar moi ben...
viernes, 3 de diciembre de 2010
Cambios de plano
Esta é unha proba de cambios de plano. É un aspecto crucial na realización cinematográfica. Faise gravando o víideo por cachos. Aquí está:
Máis en: hidraprod.blogspot.com
.
Máis en: hidraprod.blogspot.com
.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)