sábado, 13 de noviembre de 2010

África chegou a Europa

Por primeira vez África púxose diante das cámaras para comezar a lidiar coa presión.

Non me canso de repetir que a experiencia está a resultar moi agradable...que ben traballan

viernes, 12 de noviembre de 2010

Maquillaxe con ritmo


Este vídeo sérvenos como referencia para dúas cousas diferentes. Por unha banda vemos unha caracterización, e por outra vemos un traballo de montaxe de vídeo. A min en particular paréceme moi interesante. Podemos apreciar unhas imaxes de calidade máis ben baixa pero con esta montaxe tan frenética, acompañadas do ritmo adecuado... o resultado é interesante.
É un recurso válido para o equipo de making off... sempre que sexa utilizado con mesura.

Guía para maquillaxe


Neste vídeo podemos ver unha técnica moi interesante para carecterizar a unha das personaxes da curta? ...

martes, 9 de noviembre de 2010

O making off do sábado

Hoxe, martes 9 de novembro, no 2º recreo, estivemos a ver, na aula de plástica, o making off , que xa acurtou Xoán na casa, e que quedou moi ben.
Tamén estivemos a falar de que poderiamos traer feito da casa o making off os alumnos encargados del, e como sería o resultado do making final, ademais Miguel díxonos que o próximo sábado tiña unha sorpresa preparada para todos.

sábado, 6 de noviembre de 2010

O primeiro día de ensaio

Hoxe por fin estivemos xuntos o equipo técnico e o artístico; a cousa pinta moi ben porque a xente toma en serio o seu traballo e sabe que isto non é unha broma, aínda que ás veces haxa momentos divertidos. A verdade é que estou moi contenta cos meus compañeiros e cos profesores, que son unhas persoas moi agradables. Hoxe Ánxela e eu tivemos o noso primeiro ensaio ''xeral'' e a verdade é que nos saíu bastante ben, aínda temos que mellorar máis, pero na miña opinion se seguimos con este interés chegaremos a facelo moi ben tanto nós coma os nosos compañeiros.

Primeira toma, primeiro sábado


Hoxe foi o primeiro ensaio dos sábados. A experiencia non pode ser máis positiva. Os/as alumnos/as foron puntuais e comprenderon ben o que significa este tipo de traballo. O grupo é moi compacto e respírase un ambiente moi agradable. É un privilexio para nós contar con esta enerxía tan positiva... pasámolo ben... rimos un pouco e aprendemos un pouco... pero sobre todo, traballamos a conciencia.
Por primeira vez tivemos xuntos aos dous equipos: artístico e técnico.
Varias cámaras filmando á vez, persoas presionando aos/ás actores/actrices.
A miña opinión persoal é que estamos perante un traballo fantástico. É moi cedo para sacar conclusións, pero é o mellor inicio co cal podemos contar.
O meu máis sincero agradecemento e admiración polo voso traballo... seguirde así. Será un pracer madrugar para atoparme de novo cada sábado con vós.