martes, 3 de julio de 2012

Premio!!

A banda sonora de Animais Artificiais gaña un accésit.
No II Certame Audiovisual IES Monte Carrasco. Parabéns a tódolos participantes na gravación da banda sonora; e grazas ao xurado do certame.
Por certo; superamos as 9.000 visitas no blog!!!

lunes, 2 de julio de 2012

Seleccionados

Animais Artificiais foi seleccionada para a Mostra de Cine Xuvenil 

TVG

Parte do grupo participante en Animais Artificiais.
" Unha obra maestra " segundo palabras da directora de cine, Ana Laura Pereira, unha vez rematada a proxección.


 

Mostra de Cine Xuvenil

A Mostra de Cine Xuvenil é unha das actividades colaterais do Festival Primavera do Cine co que colabora Musiquina 33mg. A Mostra de Cine Xuvenil consitirá na proxección de obras audivisuais realizadas por mozos e mozas de entre 12 e 20 anos.

El correo gallego 
Faro de Vigo


A Mostra de Cine Xuvenil saíu no programa a Revista de TVG ( a partires do minuto 10:38 )

sábado, 23 de junio de 2012

Un videoclip

Presentamos o primeiro videoclip feito polos/as alumnos/as de making off. Isto é unha pequena mostra duns ensaios e gravación dun tema que utilizamos na peli.
O resultado final verémolo o día 10 de xuño no teatro principal...
Os músicos son os/as alumnos/as de cuarto de eso A e C.




viernes, 22 de junio de 2012

Hit the road

Unha versión do lexendario Hit the road, interpretado polos alumnos/as do Taller, cantado e tocado ó piano pola inigualable Paty!!!
Este é outro dos temas utilizados na mediometraxe.

miércoles, 20 de junio de 2012

Claquetas con ritmo

Isto é unha pequena broma realizada por Abel, onde podemos apreciar que o ritmo está en todas partes!!

sábado, 9 de junio de 2012

Viaxe a Vigo

Este pasado venres 25 de Maio, a meirande parte do equipo de Animais Artificiais viaxamos a Vigo para asistir á Mostra de Cine Xuvenil 2012. A reacción resultante foi satisfactoria, sobretodo polos alagos que recibimos por parte dunha directora importante que presentou o acto. As demáis curtametraxes tamén foron agradables e incluso algunha deixou un bó sabor de boca.


viernes, 18 de mayo de 2012

Presentación do segundo pase

Tiña que chegar esta entrada. E como máis vale tarde que nunca, aquí deixo o vídeo da presentación do segundo pase de Animais Artificiais. Agora, ¡a esperar á mostra en Vigo!

jueves, 16 de febrero de 2012

Novo pase

O vindeiro venres 24 de febreiro , novo pase de " Animais Artificiais "
Lugar: Teatro Principal de A Estrada
Hora: 21:00
Entrada gratuita
Aproveitamos para presentar o DVD coa peícula e making off.
 O DVD sairá a venda polo prezo de 10 euros. Inclúe a posibilidade de subtítulos.
Vémonos no Principal.

miércoles, 10 de agosto de 2011

Un discurso que sempre recordarei

' 'Ola. Benvidos á estrea de Animais Artificiais. A partir da obra teatral "Animales Artificiales" de Ana Vallés, creouse un guión, traducido do castelán ó galego por Carlos Loureiro, que utilizou Miguel Carbajal, director do proxecto, xunto con Xoán Xosé Pérez, director técnico, para dar vida a esta mediametraxe. Antes de nada, debo decirvos que, despois da película, vai ser o Making Off, que é o "Como se fixo". Así que, non vos marchedes, por favor. A película dura sobre corenta minutos e o Making Off, media hora. Para non alargarme moito, farei un breve resumo do que significou e significará sempre para min esta singular mediametraxe. Todo comezou un día no que unhas persoas comentaron algo no autobús. A noticia extendíase sixilosamente: outro proxecto máis de Carbajal. Pouco despois, fun falar con este profesor e mandoume ir consultarlle a Xoán Xosé Pérez, co que quedei para encargarme do Making Off. Moita xente desexaría poder colaborar nesta obra, polo que, dalgún modo, síntome privilexiado de estar neste grupo. No meu caso, xa tiña experiencia de "Dairas", que é o anterior traballo que organizou Miguel xunto coa axuda doutros profesores, entre os que tamén estivo Xoán Xosé, pero, segundo a experiencia dos demais, neste tempo puiden comprobar como ía cambiando o ánimo, o pensamento, as ganas... En resumo, a vida de todos os que colaboraron. Facíame feliz poder aprender cousas novas xunto con outras persoas e relacionarme con aqueles cos que probablemente nunca se me tería pasado pola cabeza dirixirlles a palabra. Que dicir de Animais Artificiais? Que seguramente me cambiou por completo. A min e a moitos máis. E esta noite, despois de pasar a etapa de nervios, espero de todo corazón que esta película que van ver proxectada aquí, nesta mesma pantalla, lles guste e lles chegue á alma como nos chegou a nós, que, aínda que ó final non pase, seguiranos parecendo que o esforzo valeu a pena, porque, en definitiva, hai poucas cousas capaces de unir a un grupo de xente e creo, mellor dito, aseguro que Animais Artificiais é unha delas. Moitas grazas.' '

sábado, 11 de junio de 2011

NORABOA!!!

A estrea foi un éxito... o público púxose en pé ó final da obra e mesmo parecía que non paraba de aplaudir, nun Teatro Principal ATEIGADO, con xente nos corredores.
Noraboa a tódolos participantes neste proxecto tan importante e laborioso. Ó final a recompensa supera ó esforzo.
Unha aperta inmensa a todos/as que empregastes o voso tempo, enerxía, traballo e ARTE neste traballo. Xa ninguén nos poderá arrebatar as sensacións vividas na estrea.



"Nesta paisaxe nevada non hai acción, tampouco hai ficción, non hai trama, dramas os xustos... o que si hai nesta ocasión é mensaxe, varias mensaxes..."

viernes, 10 de junio de 2011

Estrea!!!

“Hai xente que ten a capacidade de imaxinarse coma outra persoa e hai xente que non a ten (cando esa carencia é extrema, chamámoslles psicópatas). E hai xente que ten esa capacidade pero decide non poñela en práctica.”
Coetzee: “Elizabeth Costello”
Nota: web de Matarile Teatro.





Cartel deseñado polo alumno Iago Fernández, de 1º bacharelato de artes plásticas. Baixo a dirección do profesor Xoán Xosé Pérez.
A verdade é que non foi doado seleccionar o cartel entre outras propostas presentadas por varios alumnos/as.
Noraboa a todos/as

miércoles, 8 de junio de 2011

Making Off finalizado

Finalmente, hoxe, mellor dito, onte rematamos o Making Off. Agora só falta esperar ata a estrea para velo. Si tedes vergoña, non vos preocupedes, ídes a ter moita máis cando esteades vendo na pantalla grande as vosas animaladas. Con isto, tampouco é que pretenda poñer nervioso a ninguén, só que me fai moi feliz pensar que non quedou ningunha persoa liberada de aparecer nalgún vídeo dos montados. Aínda que o que máis me importa é que, despois de tres meses de ensaios, dous meses de rodaxe e outras semanas de montaxe, o traballo, por fin, quedou rematado e só falta cumprir o noso propósito, que é o éxito.

lunes, 6 de junio de 2011

Trailer

Trailer realizado por Abel de 3º de ESO



OLLO!!! ás 21:00, non 21:30

domingo, 29 de mayo de 2011

Making Off en proceso

Finalmente, comezou fai pouco tempo o período de montaxe e, mentres os retoques da película seguen o seu transcurso, os do Making Off estamos liándonos cos miles de arquivos seleccionados previamente. Debo dicirvos que absolutamente todos ides aparecer e ninguén se vai librar. En caso contrario, xa estou eu aí para ocuparme de engadir á xente que falta. Espero con moito gusto que máis dun se poña colorado na estrea ó verse facer tolerías. Desde logo, como non estivera onde estou a traballar nestes días, nunca puidera imaxinar que os participantes de Animais Artificiais fósemos tan animais e nada artificiais.

Blue Bossa

jueves, 26 de mayo de 2011

Video clip "Alone Together"

Un pequeno traballo do equipo de making off, que poderemos ver ó completo na estrea.
O equipo conta con máis de 1.500 vídeos. Este material vainos permitir facer unha edición especial no primeiro trimestre do curso que vén... pero diso non imos contar nada máis agora, porque será unha nova sorpresa!!

A calidade dalgúns vídeos do making non é moi boa, pero se temos en conta cos medios que foron tomadas as imaxes... a cousa cambia.
Moitos dos vídeos foron gravados polas cámaras domésticas dos propios alumnos/as.
O máis importante na aprendizaxe artística non é a calidade do material que utilizamos, o máis importante é a calidade humana... nese campo estamos moi ben servidos, e temos unha gran canteira.

miércoles, 25 de mayo de 2011

Coming Home Baby

Video clip de "Coming Home Baby"
Este tema é utilizado nos créditos da mediametraxe.
A gravación da música levouse a cabo nos estudos "Phonos" da Estrada. A gravación das imaxes, foron tomadas polos alumnos de Making Off. A montaxe do vídeo correu a cargo de Xoán Xosé ( director técnico )


Making off

Estamos a ver as primeiras montaxes que se fixeron de cara ao making off.
A verdade é que o equipo avanzou moito; dende as primeiras tomas ás últimas que veremos na estrea, a diferenza é notable.
Estamos impacientes por amosar o resultado final.